Home » Flexión Distracción

Flexión Distracción

 - tambrefisioterapia

 

 

Somos un dos poucos centros de fisioterapia en Galicia que conta con unha camilla de FLEXIÓN – DISTRACCIÓN (Eurotech Electric Flexion). Este tipo de camillas son orixinarias dos EEUU e de uso común para o tratamento de patoloxías de columna, principalmente lumbares

A técnica de flexión-distracción está particularmente indicada en patoloxías de columna lumbar tales como protusión, hernia discal, lumbalxias e ciáticas. 

O modelo co que contamos en Tambre Fisioterapia permite tres tipos de tratamento:

Posicionamento pasivo. Mediante a combinación dos axustes de flexión – extensión, inclinación lateral e rotación axial, colócase ó paciente nunha postura corrixida que facilita a relaxación da zona afectada e potencia os efectos do resto do tratamento

Mobilización pasiva. Por medio do mecanismo automático de flexión – extensión a camilla realiza unha mobilización pasiva do paciente, facilitando a relaxación muscular.

Mobilización pasiva asistida . Sumado ó mecanismo automático de flexión – extensión, realízase inclinación lateral e rotación axial asitidas polo fisioterapeuta. É a forma máis completa deste tratamento. Permite un traballo moi focalizado e a aplicación simultánea de técnicas específicas de terapia manual.

 

A flexión distracción non é a tracción lumbar tradicional. É máis dinámica, máis específica e reproduce o movemento máis natural. Conta tamén con un sistema de DROP, que nos permite a realización de manipulacións directas que son máis cómodas para determinado tipo de patoloxías




IMPORTANTE: A flexión distracción non é un tratamento único, aplicámolo dentro dun protocolo global de fisioterapia e osteopatía. Ó igual que outras técnicas, a flexión distracción conta con algunhas contraindicacións, é o fisioterapeuta como profesional sanitario quen decide a aplicación da técnica para cada caso concreto.

tambrefisioterapia