Home » Fisioterapia en Pediatría

Fisioterapia en Pediatría

Fisioterapia Respiratoria Pediátrica

A Fisioterapia Respiratoria é, quizáis, a especialidade máis descoñecida dentro da Fisioterapia. Os seus obxectivos, entre outros, son:

- Facilitar a eliminación do moco que produce a obstrucción bronquial,

- Reducir o risco de infeccións

- Previr as deformidades costovertebrais.

 

Cólico do lactante

 Nos últimos anos o cólico do lactante pasou a ser unha das principais razóns de consulta en pediatría, tanto polo que supón para os bebés como para os propios pais. A fisioterapia pode resultar eficaz no cólico do lactante. Tras a valoración do bebé por parte do fisioterapeuta, o tratamento a seguir consiste en:

- Masaxe 

- Terapia manual 

- Pautas e consellos para os pais

IMPORTANTE: A osteopatía e a quiropraxia NON son titulacións nin profesións oficiais en España e non figuran na Ley 44/2003, de ordenación de profesións sanitarias. Sen embargo, as técnicas e métodos específicos referidos ó aparato locomotor (terapias manuais, terapias manipulativas articulares, quiropraxia e osteopatía) están reguladas oficialmente na Orde CIN/2135/2008 dentro da AREA DE COÑECEMENTO de fisioterapia; polo tanto, a súa aplicación é unha competencia do FISIOTERAPEUTA

tambrefisioterapia