Home » Electrolisis Percutánea

Electrolisis Percutánea

 - tambrefisioterapia

A electrolisis percutánea consiste na aplicación de corrente galvánica  ecoguiada a través dunha agulla de acupuntura para facilitar un proceso que permite a reparación do tecido afectado.

 

Con ela tratamos tendinopatías crónicas (tendinitis-tendinosis) e un número importante de lesións do sistema neuromusculoesquelético como son fascites plantares, roturas musculares agudas e crónicas (fibrose), puntos gatillos miofasciales e patoloxía de determinados ligamentos.

 

 - tambrefisioterapia

Protocolo de tratamento:


1. Valoración funcional

2. Valoración mediante ECOGRAFÍA

3. Realización de ELECTROLISIS

4. Reevaluación con ECOGRAFÍA

5. Programa de exercicios

 

 

 

CASOS CLÍNICOS

 

 

Ombro doloroso postcirúrxico

Cuadro doloroso incapacitante que se inicia tras cirurxía de ombro, 6 meses de evolución. Tras dous ciclos de 3 sesións de electrolisis percutánea ecoguiada  (descanso intermedio de 3 semanas) combinada con exercicio terapéutico, logramos unha disminución da incapacidade e da dor, así como un aumento da rotación interna.

As imaxes mostran: 

1) Disminución da discapacidade medida con DASH-e

2) Disminución da dor

3) Aumento da rotación interna

CASOS CLÍNICOS - tambrefisioterapia

Tendinopatía crónica rotulina

 

Resultados tras 4 sesións en tendinopatía rotuliana de máis de 1 ano e medio de evolución. A realización dun protocolo multimodal (electrolisis percutánea ecoguiada sumada a entreno HSR combinado con exercicio funcional) permitiu un retorno á competición con un VISA-P-SP de 79 frente a un 26 inicial.

Criterio de alta según Pruna et al (Non competir con puntuacións de menos de 50, mellorar 30 puntos desde a primera valoración e retornar á competición con puntuación superior a 60)

 - tambrefisioterapia
tambrefisioterapia