Home » Osteopatía - Percutor

Osteopatía - Percutor

Osteopatía

Osteopatía - tambrefisioterapia

 



A osteopatía é unha metodoloxía de diagnóstico e tratamento baseada nas terapias manuais. Fundamenta o seu traballo en diagnosticar e corrixir as disfuncións de mobilidade que presenta o paciente e que o levan a ter diferentes doenzas.

Esta disciplina terapéutica baséase no estudio da anatomía e fisioloxía do corpo humano e de como interveñen na producción da enfermidade. A osteopatía considera ó paciente de forma global e trátao de forma persoal. O obxectivo último é estimular a capacidade do corpo para recuperarse.

As técnicas de osteopatía agrúpanse en tres grandes campos: OSTEOPATIA ESTRUCTURAL, VISCERAL e CRANEAL.

¿Cómo é unha sesión de osteopatía?

En Tambre Fisioterapia realizamos tratamentos de osteopatía combinados con fisioterapia. A experiencia demóstranos que obtemos un maior beneficio para o paciente. O tratamento é sempre individual.  Tras unha extensa e específica valoración identifícanse os problemas. O tratamento realízase mediante técnicas de fisioterapia e osteopatía. A maior parte do tratamento é manual pero compleméntase coas máis modernas técnicas de electroterapia e con programas de exercicio terapéutico persoalizados. Queremos aliviar e solucionar problemas na maior brevedade posible. Cos programas de exercicio pretendemos evitar recaídas e corrixir malos hábitos.

Percutor articular

Percutor articular - tambrefisioterapia

Percutor Articular.

O percutor articular é un instrumento deseñado para a manipulación de diferentes estructuras corporais. Con respecto das manipulación clásicas de osteopatía conta con certas ventaxas. Así, permite manipulacións menos agresivas e indoloras coa mesma eficiacia, que se realíza co paciente en posición cómoda e relaxada. O percutor estructural complementa á perfección a aplicación doutros tratamentos. 

IMPORTANTE: A osteopatía e a quiropraxia NON son titulacións nin profesións oficiais en España e non figuran na  Ley 44/2003, de ordenación de profesións sanitarias. Sen embargo, as técnicas e métodos específicos referidos ó aparato locomotor (terapias manuais, terapias manipulativas articulares, quiropraxia e osteopatía) están reguladas oficialmente na Orde CIN/2135/2008 dentro da  AREA DE COÑECEMENTO de fisioterapia; polo tanto, a súa aplicación é unha competencia do FISIOTERAPEUTA . Polo tanto como técnica quiropráctica pode e debe ser aplicada por un fisioterapeuta. Só así podemos obter os mellores resultados das mans dun profesional sanitario debida e legalmente formado.

tambrefisioterapia